viernes. 19.04.2024
Cartel do cinema que ofrece o Concello de Verín esta fin de semana.
Cartel do cinema que ofrece o Concello de Verín esta fin de semana.

A piques de rematar a primeira semana de maio, a primavera faise notar: a previsión meteorolóxica desta fin de semana indica que é hora de gardar os abrigos de inverno. E así, acompañados por un moi bo tempo, é habitual querer saír da casa. Se aínda non sabes que facer, a continuación atoparás algunhas ideas.

VENRES 6 DE MAIO

Verín

  • 20:30 horas. O cine de Verín proxectará El hombre del norte, unha película de suspenso e drama histórico épico non recomendada a menores de 16 anos. A entrada terá un custo de 5 € e poderá adquirirse antes da proxección.

Lamas (Xinzo de Limia)

  • Esta fin de semana celébranse en Lamas as Festas de Santa Cruz. Haberá unha sesión de orquestra pola noite de co grupo asturiano Assia.

 

SÁBADO 7 DE MAIO

Verín

  • 16:30, 19:30 e 22:30 horas. Se o venres non puideches achegarte ó cinema, non te preocupes: o sábado haberá tres sesións para ver El hombre del norte. A entrada terá un custo de 5 € e poderá adquirirse antes da proxección.

Lamas (Xinzo de Limia)

  • Haberá un pasarrúas e sesión vermú a cargo da Charanga Achicoria.
  • A tarde e a noite contarán co acompañamento musical da orquestra El Combo Dominicano.

 

DOMINGO 8 DE MAIO

Verín

  • 17:00 e 20:00 horas. Haberá dous pases para ver, no cine de Verín, El hombre del norte. O prezo da entrada será de 5 € e poderá adquirirse antes da proxección do filme.
  • 19:00 horas. O Auditorio de Verín remata o XII Festival de Teatro Entreculturas coa interpretación de Yallah! Yallah!. A actuación correrá a cargo do grupo verinés La Caja de Pandora, que tamén foi o responsable da organización do festival. As entradas terán un prezo de 5 € e poderán adquirirse no propio auditorio antes da actuación.

Lamas (Xinzo de Limia)

  • Celebraranse unha procesión e unha misa solemne oficiada polo Excmo. Señor obispo. A ambientación musical virá por parte da Agrupación Musical da Limia e dos Danzantes de Lamas. Pola tarde terá lugar unha festa amenizada pola orquestra Saudade

AXENDA | Cinema, teatro e moita música, na fin de semana