jueves. 25.04.2024
Axenda cultural.

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e xa comezan os seus preparativos. E a estes, por ser o mes no que a primavera devolve o movemento ás rúas, engádenselles tantos outros eventos de índole folclórica ou encadrados no sector do ocio. A continuación terás unha listaxe de todas estas actividades.

VENRES 13 DE MAIO

Verín:

  • 20:30 horas. Proxectarase El juego de las llaves no cinema municipal. A entrada poderá adquirirse na taquilla do cinema media hora antes do inicio da película; terá un prezo de 5 €. Cómpre remarcar que esta comedia romántica non está recomendada para menores de 16 anos.

 

SÁBADO 14 DE MAIO

Verín:

  • 17:00 horas. Proxectarase no cine municipal El secreto de Vicky, unha película de aventura e comedia apta para todos os públicos. A entrada terá un prezo de 5 € e poderá adquirirse en taquilla media hora antes do inicio do filme.
  • 19:30 e 22:00 horas. Haberá dous pases para ver El juego de las llaves no cine municipal. A entrada será de 5 €.

Xinzo de Limia:

  • Os veciños de Xinzo prepáranse para recuperar unha tradición despois de décadas sen celebrala: a Feira das Mozas, na que, orixinariamente, os solteiros da vila buscaban parella. Durante todo o día haberá un pasarrúas pola feira e o casco vello a cargo de «Lirolaio», «Cidade de Antioquía» e moitos máis.
  • 20:00 horas. Celebración da «Última Verbena» a cargo de «O Fiadeiro» na Praza Maior. Despois, haberá verbena.
  • A estas celebracións engádeselle a exposición «As feiras de Xinzo na historia» pola ruta dos viños.

Viana:

  • 18:00 horas. Terá lugar un obradoiro de marcapáxinas na Praza Maior co gallo das preparacións para o Día das Letras Galegas.

 

DOMINGO 15 DE MAIO

Verín:

AXENDA | O mes das letras e das flores