
19:31 do 9 de agosto de 2021
A rápida actuación dos equipos de extinción da Xunta de Galicia vén de facerse co control dun lume iniciado pouco despois das 16:30 horas na parroquia de Santa Baia de Montes, no concello de Cualedro.
O lume orixinouse no límite desta aldea co da súa veciña de San Martiño, ambas vítimas nos últimos anos de importantes incendios.
Na extinción, ademais de veciños, tamén participaron medios aéreos.