martes 28/09/21
Segundo informou Medio Rural

NOTICIAS VERÍN | Estabilizado o incendio declarado na Xironda, Cualedro

7E093A83-CC19-4991-B8AF-6D4E8B8DA783
Imaxe do comezo do incendio na Xironda, en Cualedro.

Pese a treboada que afecta á comarca de Monterrei, foi declarado ás 19:20h desta tarde un novo incendio na localidade da Xironda, en Cualedro, que nestes momentos xa se atopa estabilizado.

Os medios de extinción, coa complicidade da auga traída polas tormentas, conseguiron controlalo en algo menos dunha hora. Foron mobilizados para a extinción un axente, dúas autobombas e dous helicópteros. Tamén foi requerida a brigada helitransportada de Laza que aportou 18 efectivos e dous apoios por medios aéreos, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención.

NOTICIAS VERÍN | Estabilizado o incendio declarado na Xironda, Cualedro
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade