
María D.
22:41 do 15 de agosto de 2021
(ACTUALIZACIÓN)
Ás 20:47h foi estabilizado o incendio que arrasou arredor dunha hectárea de superficie en Montes, concello de Cualedro. O incendio comezou ás 19:40h, momento no que se mobilizaron aos equipos de extinción. Continúan traballando na zona dous axentes medioambientais, tres autobombas da Xunta de Galicia e cinco brigadas. Por aire operan dúas avionetas e un helicóptero.