domingo. 19.07.2026
Poderanse presentar as propostas ata o vindeiro 20 de maio a través da sede electrónica da Xunta

NOTICIAS VERÍN | Saen a concurso as parcelas do polígono agroforestal de Cualedro

Desde la izquierda. Manuel Pardo, delegado de la Xunta; María José Gómez, conselleira, y el alcalde Luciano Rivero.
Manuel Pardo, delegado da Xunta, María José Gómez, conselleira do Medio Rural, e o alcalde de Cualedro, Luciano Rivero, durante a visita realizada en outubro ao polígono.

Coa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia da convocatoria, a partir de mañá e ao longo de 15 días hábiles poderanse presentar as propostas de actuación no polígono agroforestal de iniciativa pública de Cualedro. En total, unha superficie de 64 hectáreas, distribuídas en 72 parcelas, ás que se poderá optar para alugar ou mercar nun procedemento de concorrencia competitiva.

A pesar de que en outubro do pasado ano a Xunta anunciaba que as parcelas estarían dispoñibles antes do comezo do 2025, houbo que agardar máis de catro meses para que se fixera realidade a posibilidade de optar a algunha das fincas. A actividade principal do polígono agroforestal de Cualedro será a gandaría en extensivo, pero tamén se admitirán propostas de cultivos complementarios á explotación, tanto agrícolas como de plantación de árbores para a obtención de froito.

 

Presentación de propostas

Será un proceso de división en lotes da superficie do polígono agroforestal para o seu aproveitamento, diferenciando uns lotes para compravenda e outros para arrendamento, que poderán ser adxudicados a distintos axentes promotores produtivos. O período habilitado para a presentación de solicitudes é de 15 días hábiles a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG, polo que finalizará o 20 de maio. As propostas poderán presentarse a través da sede electrónica da Xunta.

Polígono agroforestal Cualedro, lotes
Plano dos lotes que saen a licitación no polígono agroforestal de Cualedro.

As persoas interesadas en poñer en marcha algún proxecto nas parcelas deberán cumprir unha serie de requisitos de participación que inclúen os criterios de solvencia económica, técnica e profesional e as garantías que deban constituírse para asegurar o mantemento da proposta presentada. A partir de aí, o prazo de resolución da convocatoria será de cinco meses. 

NOTICIAS VERÍN | Saen a concurso as parcelas do polígono agroforestal de Cualedro