viernes. 19.04.2024
Os bombeiros precisaron estender a súa cesta para rescatar ao conductor do camión. | FOTO: Noelia Caseiro.
Os bombeiros precisaron estender a súa cesta para rescatar ao conductor do camión. | FOTO: Noelia Caseiro.

Os propios axentes da Garda Civil de Tráfico que participaron no rescate do home de 38 anos, Víctor P. D., residente en Vilardevós e conductor do camión que este mediodía envorcou á altura do kilómetro 178 da A - 52 en sentido Porriño (Pontevedra), logo do descenso das Estivadas (Cualedro); cualificaron de "milagre" o feito de que só sufrise feridas de escasa consideración trala espectacularidade do sinistro.

WhatsApp Image 2020-09-23 at 13.45.05 (1)Ata o lugar se desprazou o helicóptero do 061, que máis tarde trasladaría ao home ferido leve. | FOTO: Noelia Caseiro.

Por causas que se investigan, o chofer perdeu o control do vehículo articulado no descenso cara o municipio de Trasmiras e acabou envorcando a máis de 70 metros do firme da calzada, ladeira abaixo e logo de que unhas árbores freasen a traxectoria descontrolada do camión. 

Ata o lugar se desprazaron, ademais de varias unidades da Garda Civil de Tráfico do Destacamento de Verín, unha ambulancia, un helicóptero e membros do parque comarcal de Bombeiros do polígono de Pazos (Verín), que participaron activamente nun rescate que se alongou case unha hora dada a dificultade para acceder ao lugar no que quedou envorcado o tráiler. 

As lesións que presentaba o conductor eran de escasa consideración e todo indica a que recibirá a alta hospitalaria este mércores. 

Ferido leve o conductor de Vilardevós que envorcou co seu camión nas Estivadas este...