
20:08 do 23 de decembro de 2022
Un home de 81 anos, veciño da localidade da Saceda, no concello de Cualedro, perdeu a vida este venres ao caer nunha lareira encendida. Foi a súa coidadora a que alertou do suceso aos servizos de emerxencias cara as 18:00 horas.
A persoa que o coidaba estaba na vivenda no momento do fatal desenlace pero non a carón del. Cando se achegou a comprobar como estaba, atopou ao home xa no lume.
Nin as urxencias sanitarias nin os bombeiros de Verín puideron facer nada pola vida do ancián cualedrés.