
10:02 do 15 de xullo de 2022
Estabilizado desde as 3:45 horas da madrugada un lume no concello de Cualedro, na parroquia de Xironda, tras comezar ás 19:03 horas de onte. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de 40 hectáreas. No lugar levan traballado ata o de agora tres axentes, nove brigadas, catro motobombas, unha pa, un avión e cinco helicópteros.