O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid - 19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos da Pobra do Caramiñal, O Grove, Cualedro e a Carballeda de Valdeorras.
Precisamente, o municipio cualedrés someterase o vindeiro luns pola tarde a un cribado poboacional nas instalacións do centro educativo Vicente Risco da localidade, día no que entrarán en vigor as novas restricións que lle obrigará a manter os bares pechados no seu interior. Quedará tamén o municipio pechado de xeito perimetral e as reunións quedarán limitadas a conviventes.
Así mesmo, o grupo de expertos tamén determinou o nivel alto de restricións en 9 concellos galegos, nomeadamente, nos municipios de Cortegada, O Barco, Padrenda, Rubiá, Lobeira, Barreiros, Boimorto, Boiro e Cambre.
Monterrei descende un chanzo e sitúase no nivel máis baixo de restricións, o que permitirá que os bares podan abrir de novo no seu interior, cun aforo de ata o 50 por cento.