
14:53 do 28 de abril de 2021
Os últimos datos aportados polo Sergas na comarca de Monterrei reflicten unha lixeira moderación no número de casos activos. Monterrei súmase a Laza e Oímbra no grupo de concellos con cero diagnósticos. A segunda boa nova protagonízaa Cualedro, que tamén vé como os seus contaxiados pasan de 20 a 16 positivos.
Verín mantén os 23 deste martes, á espera do novo cribado que xa está previsto para este sábado día 1 de maio.
Castrelo do Val, Riós e Vilardevós levan cun caso activo dende o pasado domingo.