
Este luns, as dependencias do Concello de Cualedro pechaban as súas portas, despois de que un dos seus traballadores resultara ser positivo en Covid-19. O municipio, que onte contaba con tan só dous casos activos, hoxe ten catro.
Os novos casos corresponden a unha nena de 16 anos, un neno de 13 -os dous fillos do funcionario hospitalizado-, e dun terceiro varón de 38 anos de idade.
En contraposición con isto, experiméntase unha baixada en Monterrei, que pasa de ter cinco positivos a catro, número de casos nos que tamén se sitúa actualmente Verín fronte os seis cos que contaba no día de onte.
Laza e Castrelo do Val seguen con un só contaxio, e Vilardevós con dous; mentres que Riós e Oímbra se manteñen libres do virus ó non ter ningún caso activo nestes momentos.