
Permanece decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio rexistrado no Concello de Cualedro, parroquia de Montes, pola proximidade do lume ao núcleo de Carzoá. O incendio iniciouse ás 14:48 horas do domingo e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 800 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse 4 axentes, 8 brigadas, 7 motobombas, 5 pas, 6 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
A Gudiña
Dende as 20:47 horas do sábado permanece activo o lume da Gudiña, parroquia de Pentes. As últimas estimacións provisionais indican que rolda as 150 hectáreas de superficie afectada. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 7 axentes, 17 brigadas, 11 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.
Vilardevós
Activo desde as 1:04 horas desta madrugada un lume en Vilardevós, parroquia de Vilardecervos. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 80 hectáreas. No seu control participan 3 axentes, 4 brigadas, 5 motobombas e 1 pa. Neste lume, Medio Rural acaba de solicitar a intervención da UME.
🚨Así nos encontramos el incendio 🔥#IFVilardeCervosVilardevós a la llegada #Brif Laza. Comienza otro duro día de trabajo! 💪🏻 pic.twitter.com/KnY4CPsqvo
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) September 14, 2020
Situación do #IFVilardecervosVilardevos a nosa chegada 10:02 pic.twitter.com/ND1JmxWof1
— Brigada Vilamaior (@basevilamaior) September 14, 2020
Laza
Segue activo desde as 20:29 horas do sábado o incendio de Laza, parroquia de Camba, e que afecta arredor de 60 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 4 axentes, 13 brigadas, 3 motobombas, 2 pas e 4 avións.