jueves. 20.06.2024
cartaz
Cartaz do curso.

A asociación Monteval, responsable da xestión dos fondos europeos do plan Leader, organiza un obradoiro de forxa tradicional, que se impartirá o próximo 13 de maio en A Saceda (Cualedro).

A duración será de 20 h en total, repartidas en 4 sesións de 5 horas cada unha, onde se tratarán temas que varían dende o coñecemento dunha forxa, pasando por ferramentas e materiais, construción de ferramentas tradicionais ata proceso de temperado do aceiro, entre outros.

O curso terá un carácter práctico e gratuito. As persoas interesadas poderán inscribirse nas oficinas da asociación Monteval - no polígono de Pazos -, no teléfono 988590233 ou no concello de Cualedro.

Monteval promove un curso de iniciación á forxa tradicional
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad