Xoves. 28.03.2024
Local social Seves, Viana | Foto: concello
Local social Seves, Viana | Foto: concello

O concello de Viana do Bolo ven de anunciar cinco proxetos, xa ramatados ou en vías de rematarse, e que representan unha mellora na calidade de vida dos vianeses.

Son proxectos que, sendo todos obras, afectan a varios dos ámbitos da competencia municipal, como poden ser o deporte e o tráfico -tanto peonil coma de vehículos-, saneamento, etc.

Segundo a información aportada polo concello, este proxectos son:

1. Rehabilitación de edificio para local social en Sever. Esta obra, que está a piques de rematarse, terá como finalidade facilitar as reunión de veciños, actuando como Casa do Pobo.

Rehabilitación para local social en Seves | Foto: concello

2. Substitución do pavimento de herba artificial da pista de pádel. A actuación xa está rematada e a pista xa pode utilizarse. O financiamento deste proxecto foi íntegramente municipal.

Pista pádel Viana | Foto: concello

3. Reposición do valado das pistas de tenis. Esta foi unha actuación de pequena entidade, pero necesaria, e tamén concargo ás arcas municipais. O concello de Viana fai unha aposta polo fomento do deporte ao ar libre, máxime nestes tempos de restriccións.Reposición valado pistas tenis Viana | Foto: concello

4. Canalización e pavimentación da Rúa San Amaro. Esta obra, de certa entidade, foi con cargo ao financiamento do Plan Provincial da Deputación de Ourense, e xa está iniciada.

Cnanlización e pavimentación Rúa San Amaro, Viana | Foto: concello

5. Pavimentación das rúas de Tabazoa de Hedroso. A mellora da pavimentación está a rematarse.

Pavimentación rúas en Tabazoa de Hedroso | Foto: concello

Estas actuacións, segundo informan dende o Concello de Viana do Bolo, forman parte do día a día do traballo municipal e estanse acomentendo na medida en que van surxindo e segundo as prioridades e o financiamento dispoñible.

O alcalde de Viana do Bolo, pola súa parte, comenta que "estamos pendentes de desenvolver proxectos de maior envergadura."

O concello de Viana do Bolo acomete cinco proxectos cara a mellora do concello