jueves. 20.06.2024

O salón de plenos do Concello de Verín foi o escenario escollido polo presidente da Mancomunidade de Municipios, José Luis Suárez, para facerlle entrega aos 15 alumnos do Obradoiro de Emprego Xuvenil que este venres se clausurou dos diplomas que os acredita formados en Axuda no Fogar e en Atención Socio-Educativa de Menores. No acto, ademáis dos xóvenes dos diferentes Concellos que integran a Mancomunidade, estaban presentes o alcalde de Cualedro, Luciano Rivero, e o de Laza, José Ángel Barreal Novo. Ademais, acudiron por parte da Xunta de Galicia, Santiago Álvarez, xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense e Rodrigo de Luis, o xefe do Servizo de Emprego.

Interviron no acto o presidente da Mancomunidade, José Luis Suárez, para darlle a benvida aos asistentes e desexarlles sorte na súa incorporación ao mercado laboral aos alumnos, e tamén Santiago Álvarez, quen destacou que o "o obxectivo deste Obradoiro é capacitarvos para o emprego, hoxe non rematades, hoxe empezades, e debedes sentirvos orgullosos porque ademais da formación que xa tedes, poderedes poñela en práctica exercendo a vosa ocupación axudando á xente que máis o precisa (VER VÍDEO)".

manco2

Logo do acto de entrega dos diplomas, todos os intervintes -alumnos, cadro docente, responsables autonómicos e alcaldes presentes- fixeronse a foto de familia de rigor ás portas do Concello de Verín.

Entrega de diplomas aos alumnos do terceiro obradoiro xuvenil da Mancomunidade
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad