sábado 16/10/21
A axuda vai dirixida á asociación Tres Reinos

A Xunta achega máis de 30.000 euros para programas de conciliación na Mezquita

Asociación Tres Reinos.
Asociación Tres Reinos. | FOTO : Cedida.

A Xunta de Galicia anunciou unha achega de más de 30.000 euros de axuda para a asociación Tres Reinos do Concello da Mezquita para promover diferentes programas de conciliación que permitan compatibilizar a vida laboral e familiar.

 Así o trasladou o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, durante unha visita realizada ás instalacións desta asociación cultural, onde puxo en valor o labor que realizan as entidades que "traballan diariamente para mellorar a calidade de vida dos usuarios que viven nos concellos do rural".

O obxectivo desta axuda é promover actividades que revalorizan a súa contorna, ofrecendo diferentes alternativas de ocio para as persoas que se atopan nunha situación de risco de exclusión social.

Durante este acto, Parrado aproveitou para coñecer de primeira man as instalacións  e os programas que se desenvolven na entidade, entre os que destacou o Crecemos Xogando, un programa dirixido a nenos de 0 a 3 anos que busca favorecer a compatibilidade entre a vida familiar e laboral.

A Xunta achega máis de 30.000 euros para programas de conciliación na Mezquita
comentarios