
19:40 do 7 de agosto de 2019
Un veciño da Mezquita de 36 anos acudiu, no día de onte, a prestar declaración ante os axentes da Garda Civil acusado dun delicto incendio foretal no lugar de Carballaregos.
A. R. B. atopábase o pasado mércores 31 de xullo, supostamente, co seu tractor realizando funcións de carácter agrícola, cando se produciu o lume que se propagou polo terreo onde el estaba e chegou a calcinar 100 metros cadrados de monte. As dilixencias foron tramitadas no Xulgado número 1 da vila verinense.