miércoles. 24.04.2024
o seu rexedor, Rafael Pérez Vázquez, solicitou a desinfección completa da instalación, que comezou esta tarde

A sospeita dun positivo no centro de saúde da Mezquita pon en alerta ao municipio

O rexedor nacionalista do Concello da Mezquita, Rafael Pérez Vázquez, vén de ordenar que se intensifiquen os traballos de desinfección nos principais edificios púbicos, tanto de titularidade municipal como do resto das administracións. Foi a médico titular do centro de saúde da localidade a que alertou da sospeita dun positivo entre o persoal do Sergas.  

Un operario da empresa especializada iniciaba esta tarde os traballos de desinfección do centro de saúde local.
Un operario da empresa especializada iniciaba esta tarde os traballos de desinfección do centro de saúde local.

Foi o propio rexedor do Concello de A Mezquieta, Rafael Pérez, quen requeriu os servicios dunha empresa especializada para proceder á desinfección exterior e interior do centro de saúde da localidade, logo de que a propia médico titular do concello lle comunicase a sospeita dun positivo en COVID-19 entre algún dos tres membros do Sergas que nel prestan servizo. 

Rafael Pérez ordenou de xeito inmediato a total desinfección do centro de saúde, e agarda coñecer máis datos da confirmación dese posible positivo para poñer en alerta á veciñanza para que extremen as precaucións no caso de que tiveran algún tipo de contacto ben coa instalación infectada ou con algún dos profesionais que nela traballan. 

saude2As principais instalacións públicas do Concello de A Mezquita están sendo desinfectadas de xeito regular. 

O alcalde asegurou que xa "din orde de que comece de xeito inmediato, e de novo, porque xa o viñamos facendo, o tratamento de desinfección nos principais edificios do Concello, residencia de anciáns engandida, para logo continuar polas rúas da capitalidade e do resto de aldeas. Agora máis ca nunca debemos extremar as medidas de precaución e evitar todo tipo de contacto máis alá do estritamente preciso. Contactaremos con Medio Rural para coordinar a acción conxunta, e a onde eles non cheguen iremos nós, pero as actividades de desinfección vanse a incrementar", rematou. 

A sospeita dun positivo no centro de saúde da Mezquita pon en alerta ao municipio