jueves. 18.04.2024
Guillermo Tomás García é o candidato do PSdeG na Mezquita para as eleccións municipais.
Guillermo Tomás García é o candidato do PSdeG na Mezquita para as eleccións municipais.

O PSdeG-PSOE anunciou este mércores que Guillermo Tomás García será o candidato á alcaldía da Mezquita nas vindeiras eleccións municipais, que se celebrarán o vindeiro 28 de maio. García, con experiencia na xestión municipal, xa formou parte do equipo de goberno durante dúas lexislaturas nos anos 90, ademais colaborou e cooperou activamente co goberno socialista do ano 2007.

O candidato socialista na Mezquita sinala que chega a estes comicios “moi motivado”, xa que se presentarán cunha “candidatura ilusionada e con ganas de traballar por este concello, polo que agardamos acadar a confianza maioritaria das nosas veciñas e veciños para desenvolver o noso proxecto socialista”.

García destaca que a candidatura socialista “conta cunha ampla experiencia de goberno, tal e como demostramos nas lexislaturas nas que gobernamos, que foron moi frutíferas para este concello”. Neste senso, sinala que durante os gobernos socialistas, A Mezquita “avanzou coma nunca o fixera antes, e engade que “melloráronse os servizos básicos e o abastecemento de auga, creáronse os accesos aos núcleos de poboación, asfaltáronse as estradas, construíuse a casa do concello, a piscina e o pavillón municipal, ademais de incorporar nova maquinaria e de pór en funcionamento o tanatorio ou a casa da cultura”.

O socialista indica que os principais motivos que o moven a presentarse a estas eleccións “son a ilusión e as ganas de traballar pór e para a veciñanza da Mezquita, xa que contamos cunha candidatura forte, unida e que dará resposta aos problemas cotiás e ás suxestións dos veciños e das veciñas do municipio”.

García tamén apunta que “tras 20 anos fóra da vida política por motivos laborais, decidín que era o momento de volver a incorporarme para pór o meu gran de area e axudar no día a día da Mezquita. Por últimom afirma que “temos moita ilusión de mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza e creemos que hai moitas cousas que se poden facer para conseguilo”.

O socialista Guillermo Tomás García será o candidato á alcaldía no Concello da Mezquita