
O Nadal é unha das épocas máis solidarias do ano, na que as persoas colaboran con aquelas que máis axuda precisan. Por iso, a Protección Civil da Gudiña e a da Mezquita organizaron un ano máis a campaña de recollida de alimentos "Por un Nadal feliz para todos".
Os voluntarios propoñen esta iniciativa solidaria para apoiar ás persoas que viven con maiores dificultades, polo que contan con varios puntos de recollida de produtos non perecedoiros (aceite, legumes, pasta, leite, etc). Todo o recopilado, entregarase ao Banco de Alimentos para que o distribúan entre as familias que máis o precisen.
Na Gudiña, a Protección Civil conta con puntos de recollida en Supermercado Claudio, Supermercado Nieves, Ferretería Fernández, Establecemento Cruce e na Casa do Concello. No caso da Mezquita, colaboran nesta proposta solidaria o Bar Toño, de Manzalvos; Carnicería Rubios, de Chaguazoso; Supermercado Quique, da Mezquita; Os Muíños, do Pereiro; Estanco-Tenda Xílgaro, en Vilavella; Lita, en Santigoso; e o Concello da Mezquita.
