sábado. 20.04.2024
Esparexadores acoplados aos vehículos das agrupacións de Protección Civil beneficiadas. | FOTO: O Voluntariado de Protección Civil en Ourense.
Esparexedores acoplados aos vehículos das agrupacións de Protección Civil beneficiadas. | FOTO: O Voluntariado de Protección Civil en Ourense.

O concello da Mezquita foi un dos beneficiados dunha entrega de material de emerxencias para varias agrupacións de Protección Civil de Ourense e da Coruña. En total, a Xunta adquiriu oito esparexedores de sal dos que se repartiron un para cadanseu municipio.

No provincia de Ourense, ademais da Mezquita, tamén se entregou á Protección Civil dos Blancos e á da Mancomunidade do Ribeiro. A inversión neste material de emerxencia está preto dos 37.500 euros e adquiriuse para actuar no caso de nevadas nos municipios cunha altitude media superior aos 500 metros, segundo o establecido no Plan NEGA.

Os esparexedores son equipos que se poden acoplar aos vehículos todoterrenos, contan cunha capacidade de 362 litros e dispoñen de tolva de polietileno e bastidor metálico con protección anticorrosión. A velocidade e a anchura de esparexemento pódese regular.

Neste 2022 vanse conceder oito vehículos todoterreo, outros tantos remolques, 30 tendas de campaña, oito coitelas, 20 esparexedores, 13 embarcacións pneumáticas duns catro metros de eslora e 120 desfibriladores externos, por valor dun millón de euros. Esta iniciativa está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e vai destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes.

A Protección Civil da Mezquita recibe un novo esparexedor de sal fronte ás nevadas