viernes. 19.04.2024
Xornadas mixolóxicas da Mezquita o ano pasado.
Xornadas micolóxicas da Mezquita o ano pasado.

O outono é tempo de cogomelos, e na Mezquita saben aproveitalo. O próximo 22 de outubro, o Concello e a asociación Os Tres Reinos organizan unhas xornadas micolóxicas para botarse ó monte na procura deste tipo de fungo e así recoller os que sexan aptos para o consumo.

asociación Xuntanza de Micólogos Os Corgordos será a encargada de guiar ós participantes para recolectar e identificar todo tipo de exemplares. O punto de encontro será a Praza do Concello ás 9:30 horas, cando partirá a expedición na procura dos cogomelos.

A mañá estará destinada a recorrer os montes para atopar os exemplares e logo, como recompensa, haberá unha comida no restaurante Cazador ás 14:30 horas. Os asistentes terán un menú con primeiros a elexir e de segundo comerán cachena guisada con cogomelos, logo desfrutarán de postre, café e chupito se o queren tamén.

O día rematará por todo o alto cunha foliada popular, que dará comezo ás 18:30 horas no Bar Perkis. Logo trasladarase ao Pub Pilas e a Arrancadeira A Mezquita, onde rematará. Para desfrutar de todo isto é preciso anotarse previamente e pode facerse por teléfono, chamando ó 988 423 506 ou enviando un Whatsapp ó 639 196 533.

Información sobre as xornadas micolóxicas da Mezquita.
Información sobre as xornadas micolóxicas da Mezquita.

 

NOTICIAS VIANA | A Mezquita dálle a benvida ó outono cunhas xornadas micolóxicas