lunes. 29.04.2024
contedores a mezquita
Os contedores están situados na Praza do Concello da Mezquita.

O Concello da Mezquita vén de instalar dous contedores de recollida de enseres na Praza do Concello co obxectivo de darlle una segunda vida a obxectos que non se utilizan. Un servizo de carácter permanente que nace co obxectivo de promover a reutilización e a concienciación cidadá.

A iniciativa realízase en colaboración con Cáritas Diocesana de Ourense, entidade que se encarga de xestionar os materiais doados pola veciñanza para repartilos entre aquelas persoas en situación de risco de exclusión que atenden nos seus proxectos sociais. Nos contedores poderanse depositar materiais como roupa, calzado, complementos, xoguetes ou libros.

Con iste novo proxecto posto en marcha, o Concello da Mezquita inicia unha etapa na que promove a concienciación sobre a reutilización dos obxectos que non se utilizan, ofrecendo a posibilidade de darlle unha segunda vida e, ó tempo, axudando a aquelas persoas e familias que máis o necesitan.

Dende o Concello da Mezquita completan a iniciativa ofrecendo un servizo de recollida nos domicilios daquelas persoas que non podan desprazarse ata a capital municipal. Neste caso, as persoas que o precisen somentes terán que porse en contacto coas oficinas do Concello e solicitalo. 

NOTICIAS VERÍN | Segunda vida para roupa, libros e xoguetes na Mezquita