miércoles. 24.04.2024
Os equipos de vacinación visitaron a residencia San Martiño da Mezquita.
Os equipos de vacinación visitaron a residencia San Martiño da Mezquita.

A vacinación da cuarta dose da covid avanza polas residencias de maiores da provincia. No distrito sanitario de Verín, os equipos xa visitaron os centros sociosanitarios da Mezquita, Riós, Cualedro e Vilardevós, chegando ata un cento de usuarios inoculados por cuarta vez.

Esta mañá, os sanitarios comezaron cedo a xornada na residencia para persoas maiores de Vilardevós onde tiñan previsto vacinar a 19 persoas. A seguinte parada foi o centro do Toural, en Cualedro, con 23 usuarios para inocular. Estas dúas residencias estiveron na programación desta terceira xornada, tralas visitas de onte á Monte Barrio, en Riós, e á San Martiño da Fundación San Rosendo, na Mezquita.

Nos catro casos, ós usuarios ofrecéuselle a posibilidade de vacinarse tamén contra a gripe no mesmo día e así non ter que agardar polo comezo desa campaña, que será o vindeiro mes. Na primeira xornada, o Sergas sinala que se inocularon preto de mil vacinas das cales 476 foron cuartas doses, dúas eran terceiras e o resto da gripe.

Os equipos especiais de vacinación visitarán en poucos días un cento de residencias sociosanitarias espalladas por toda a provincia. No distrito de Verín, mañá estarán no fogar residencial e na vivenda comunitaria Santiago Apóstol de Monterrei e na residencia Val de Monterrei.

A previsión que manexan é a de rematar a vindeira semana, en concreto, o xoves. A partir desa data, Expourense e os hospitais de Verín e Valdeorras serán de novo os puntos de vacinación clave para a poboación maior de 60. Os primeiros ós que se chamará pertencen á franxa de 80 ou máis anos, para logo continuar cos de entre 60 e 79.  Segundo avance esta poboación diana, inociarase o proceso de reforzo co persoal sanitario e o sociosanitario.

A directora da residencia San Martiño recibiu ós membros do equipo de vacinación que estivo no centro.
A directora da residencia San Martiño recibiu ós membros do equipo de vacinación que estivo no centro.

 

Catro ingresados nos Hospital de Verín

A última actualización dos datos da covid en Galicia sinalan que na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hai 236 pacientes coa infección activa. De todos eles, 23 atópanse ingresados en planta e un está na UCI do CHUO. O comarcal de Verín é o que menos persoas contaxiadas atende, con catro hospitalizacións. En canto ós concellos, só Verín, Monterrei e Cualedro rexistraron novos positivos na última semana.

NOTICIAS VERÍN | Un cento de maiores do distrito sanitario verinés vacináronse coa...