jueves. 25.04.2024
Casa do Concello da Mezquita.
Os paneis fotovoltaicos darán suministro á Casa do Concello da Mezquita.

Ante a actual crise enerxética, o Concello da Mezquita decide actuar para reducir o custo das súas facturas. O Consistorio aposta polas renovables e por iso instalarán paneis fotovoltaicos que suministrarán enerxía aos edificios públicos do municipio. "O que pretendemos é aforrar ata un 80% do que se consume en cada un deles", destaca o alcalde, Rafael Pérez.

O Concello xa conta con estudos que apuntan a que se evitaría o gasto de 3.721 euros ó ano. "Isto é un esforzo máis por parte do Concello para favorecer ó aforro enerxético", apunta Pérez. Os paneis instalaranse no edificio multiusos da Mezquita, desde onde producirán a enerxía para ese mesmo espazo, para a Casa Consistorial, para o colexio e para o centro de saúde.

O investimento desta instalación de paneis solares ascende a 24.750 euros. A Deputación de Ourense aprobou na súa Xunta de Goberno desta semana unha aportación de 22.967 euros para dotar de produción solar ós edificios públicos da Mezquita.

NOTICIAS VERÍN | O Concello da Mezquita inviste en renovables e aforro enerxético