Xoves. 28.03.2024
Un ano máis A Mezquita organiza o concurso de decoración de Nadal.
Un ano máis A Mezquita organiza o concurso de decoración de Nadal.

Unha vez máis, A Mezquita encherase de luces nos vindeiros meses, ou iso é o que pretenden cun novo concurso de decoración de Nadal. "Esta é unha iniciativa onde pode participar a xente creando os seus deseños. Con ela pretendemos motivar á xente e que participe toda a localidade, non uns poucos. Ademais, queremos axudar ao comercio local mediante uns vales que só se poden gastar nos negocios da Mezquita''. 

Este vales ou premios á mellor decoración organízanse en tres individuais e tres grupais, con distintas cantidades que oscilan entre os 50€ e os 200€. "Os participantes traen a decoración e colócase nun punto da Praza do Concello. O xurado despois valorará este traballo".

254544811_872140453465140_8789939046546291910_n

As modalidades serán grupal e individual e é imprescindible que sexa unha decoración apta para exterior, que será doada ao embelecemento da localidade. A maiores, aconséllase que, "os deseños se fagan con material reciclado, é dicir, non traer nada que sexa moi industrial". Polo resto, o único límite é a imaxinación. Todos os interesados en participar deberán facelo antes do vindeiro 17 de decembro.

NOTICIAS VERÍN | Os veciños da Mezquita volverán participar na decoración de Nadal do...