Xoves. 28.03.2024
Bando coa información sobre as retriccións de consumo de auga na Mezquita.
Bando coa información sobre as retriccións de consumo de auga na Mezquita.

O Concello da Mezquita decidiu restrinxir o consumo de auga potable no municipio como consecuencia da seca nos manantiais e pozos que o abastencen, situación que se agravou de "xeito alarmante" nestes últimos días pola vaga de calor e a falta de precipitacións, segundo o bando publicado con esta decisión.

Esta medida é preventiva, xa que busca evitar unha situación de "emerxencia" se a falta de auga potable vai a máis e que supoña restricións do subministro municipal en determinadas horas do día. As medidas que xa se tomaron, que son de "obrigado cumprimento", son a limitación no rego de hortas, no enchemento de piscinas particulares ou elementos similares e no lavado de vehículos, fachadas e baldeo de patios ou airas.

Estas actividades afectan directamente a particulares, pero o Concello tamén tomará medidas para facer máis eficiente o consumo. Da mesma maneira que se deberán reducir o gasto de auga no rego de xardíns privados, o mesmo se aforrará cos públicos. Ademais, vixiaranse as perdas na rede e cortarase a subministración onde existan avarías dentro do espazo privado.

Polo tanto, a auga potable da rede pública queda para usos domésticos imprescindibles. O obxectivo é manter no tempo este subministro indispensable sen restriccións horarias, polo que se pide a colaboración cidadá para non facer un mal emprego deste recurso entre os veciños da Mezquita e aqueles que se trasladan nos meses de verán ó concello.

NOTICIAS VERÍN | A seca restrinxe o consumo de auga potable na Mezquita