sábado. 20.04.2024
Casa do Concello da Mezquita. | Foto: Iván Iglesias.
Casa do Concello da Mezquita. | Foto: Iván Iglesias.

O alcalde da Mezquita, Rafael Pérez, fixo público que, co gallo de conquerir ao maior número de persoas vacinadas contra a Covid no municipio, se procederá á inoculación de todas as aquelas maiores de 12 anos que aínda non recibiran ningunha dose e que así o soliciten.

Para seren convocados, todos os interesados deben acudir ás dependencias da Casa do Concello e entregar unha copia do DNI e mais un número de contacto onde recibir a citación. O rexedor especifica da necesidade de realizar o trámite “o antes posible”.

Esta medida, en colaboración co Servizo Galego de Saúde, está destinada a tódalas persoas sen ter en conta a súa cobertura sanitaria, procedencia ou situación administrativa. Unha iniciativa á que tamén se acolleu recentemente o concello da Gudiña.

NOTICIAS VERÍN | A Mezquita vacinará aos maiores de 12 anos que así o soliciten