jueves. 25.04.2024
Campaña de recollida de alimentos na Mezquita.
Campaña de recollida de alimentos na Mezquita.

O Concello da Mezquita, en colaboración coa Asociación de Voluntarios de Protección Civil do municipio e mailo Banco de Alimentos de Ourense, puxo en marcha a campaña 'Por un Nadal feliz para todos', a través da cal se executa unha recollida de alimentos para que as familias máis necesitadas dispoñan de suficientes víveres nunha época tan sinalada como é o Nadal.

O alcalde do municipio, o nacionalista Rafael Pérez, insta á colaboración por parte dos veciños e veciñas con alimentos non perecedoiros, é dicir, aqueles produtos que duran máis tempo, non precisan refrixeración e as súas condicións de almacenamento son de menor requisito.

Tal e como se fixo noutras ocasións, estes produtos deberán ser debidamente entregados nos puntos de recollida habilitados do municipio, como os establecementos comerciais e as oficinas da casa consistorial.

Exemplos destes alimentos poden ser, de entre outros moitos, os seguintes:

  • Produtos enlatados
  • Aceites
  • Café
  • Cereais
  • Fariñas
  • Legumes
  • Pastas
  • Froitos secos
  • Leite
  • Cacao en pó
  • Galletas

 

NOTICIAS VERÍN | A Mezquita inicia unha recollida de alimentos para as familias máis...