jueves. 25.04.2024
A aira das "Rozadas" foi o escenario escollido no 2021 para a malla da Mezquita. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
A aira das "Rozadas" foi o escenario escollido no 2021 para a malla da Mezquita. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O 27 de agosto, a partir das 11:00 horas, os veciños da Mezquita cítanse un ano máis coa tradición. Despois da sega do trigo, que xa se fixo hai unhas semanas, agora tócalle á malla. Para recuperar o espírito desta tradición, o Concello organizará unha xornada festiva no campo da festa da Esculqueira, onde os asistentes poderán ver como se fai a malla.

Esta tarefa era hai 50 anos unha xornada dalgo máis que que traballo. Era un encontro entre os veciños nos que todos se esforzaban, pero tamén o pasaban ben. Isto é unha das cousas que o Concello da Mezquita quere recuperar. Por outra banda, desde o 2020 ten o obxectivo de recuperar esta labor tradicional coa intención, nun futuro, de dispoñer dun par orixinario do municipio cun proceso 100% natural.

 

Neste día non só haberá que traballar. O grupo de música tradicional Carapaus será o encargado de amenizar a xornada e tamén se poderá degustar unha comida de porco ó espeto.

NOTICIAS VERÍN | A Mezquita repite o día da malla para recuperar esta tradición