Venres. 29.03.2024
Folletos e unha das urnas espalladas polos comercios da Mezquita na campaña do 2020.
Folletos e unha das urnas espalladas polos comercios da Mezquita na campaña do 2020.

Mercar na Mezquita este Nadal ten premio. A Asociación dos Empresarios do municipio -AEMEZ- e mailo Concello organizan de novo a campaña 'Caerán os 1.000', coa que os clientes dos establecementos locais poderán conseguir mil euros repartidos en cinco premios de 200

Poñen en marcha, por segundo ano, esta acción de potenciación do seu comercio de proximidade na que se premiará o consumo local. Varios establecementos repartirán papeletas numeradas para o sorteo que terá lugar, dun xeito moi especial, seguindo a tradición do 2020, na chaira do colexio público local.

Todas as clientas e clientes, maiores de 18 anos e que realicen as súas compras ou consumicións nos negocios da localidade terán dereito a recibir unha papeleta (ou varias), segundo o importe do seu gasto: 

  • Gasto de ata 10 €: 1 tícket
  • Gasto de ata 20 €: 2 tíckets
  • Gasto de ata 30 €: 3 tíckets
  • Gasto de ata 40 €: 4 tíckets
  • Gasto superior a 50 €: 5 tíckets

 

Os empresarios facilitarán os tíckets aos consumidores, que deberán cubrilos cos seus datos (nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto) e introducilos nunha urna deseñada para este fin.

A curiosa revelación dos gañadores

Tal e como se fixo no ano 2020, a realización do sorteo terá lugar nos exteriores do Colexio Augusto Assía, o 23 de decembro, ás 12:00h, dunha maneira moi orixinal. Será unha vaca -e a súa cagada- a que determine o nome dos gañadores, ou máis ben, o número

Deste xeito, habilitarase unha parcela dividida en cuadrículas numeradas, que percorrerá a vaca en cuestión. No momento en que decida cagar sobre algún dos números correspondentes cos tíckets repartidos, haberá gañadorOs afortunados contarán, para facer uso do premio, cun prazo que remata o día 30 de marzo do 2022.

As vacas na resolución do sorteo do 2020 na Mezquita.

Cesta de Nadal

Non son eses 1.000 euros o único premio que os mezquitenses poden acadar esta tempada, pois están en xogo outros 1.500 dunha Cesta de Nadal, elaborada por iniciativa da AEMEZ en colaboración co consistorio. A Cesta inclúe:

  • Produtos achegados polos empresarios e valorados en 500€
  • Vales de compra de diferentes cantidades, valorados en 700€, para empregar nos establecementos socios
  • Un bono único de 300€ para empregar os establecementos socios

 

Os empresarios xa dispoñen de 1.000 boletos que poderán ser adquiridos ao prezo de 1 euro. "A resolución do sorteo da cesta farase coincidir co mercado, ao que acudirán os nenos do colexio, entre os cales se elixirá unha 'man inocente' que extraerá ao gañador", afirma o alcalde, Rafael Pérez. Iso terá lugar o día 20 de decembro no campo da feira da localidade.

NOTICIAS VERÍN | Merca na Mezquita e gaña 2.500 euros en premios este Nadal