viernes. 26.04.2024
Programación de Nadal na Mezquita.
Programación de Nadal na Mezquita.

O Concello da Mezquita, en colaboración coa Asociación Os Tres Reinos, organiza unha ampla programación de actividades para festexar o Nadal na localidade. Este particular calendario comezará o 17 de decembro, co concerto de The Tetas' Van no Edificio Multiusos ás 20:00 horas, e rematará o 5 de xaneiro de 2023 coa chegada do Reis Magos de Oriente, que visitarán ás crianzas na Praza do Concello ás 19:00 horas.

Polo medio, haberá moitas datas importantes e diferentes actividades para nenos e maiores. Tralo inicio da programación, o 18 de decembro representarase a obra teatral "Running" ás 18:00 horas no Edicificio Multiusos. O 19 continuarase co sorteo dun carretillo de Nadal valorado en 1.000 euros, celebrarase un concurso infantil de adornos festivos e tamén se instalará un posto para a súa venda. Por último, ese mesmo día colocarase o Buzón Real para que os nenos poidan enviar as súas peticións aos Reis Magos de Oriente.

O 20 de decembro terá lugar unha das citas máis importantes desta programación de Nadal. O sorteo "Onde caerán os 1.000 euros?" encontrará a un gañador grazas á "caca da vaca". Esta cita imperdible da Mezquita dará comezo ás 12:00 hora fronte a pavillón.

Un día depsois, exporanse os traballos do Concurso de Nadal da Mezquita, que se poderán ver na Praza do Concello e o 23 de decembro será unha xornada importante para os máis pequenos. O Apalpador e Papá Noel chegarán ata a localidade ás 18:00 horas ao Edificio Multiusos, onde os escoitarán para coñecer o que queren atopar debaixo do árbol de Nadal o 25 de decembro. Esta visita vén acompañada do Festival de Nadal no que participarán As Travesas da Mezquita e a Coral Polifónica da Gudiña. Antes de rematar o ano, os cativos visitarán Pazolandia o 27 de decembro en Ourense. Ademais, haberá unha sesión de cine.

O 2023 virá acompañado de dous obradoiros de manualidades de Nadal que se levarán a cabo o 2 e o 4 de xaneiro a partir das 11:00 horas no Edificio Multiusos. Para rematar a programación, os Reis Magos farán a súa chegada ata A Mezquita o día 5.

A Mezquita vivirá un intenso Nadal, no que a "caca da vaca" volverá repartir sorte