Xoves. 28.03.2024
As mulleres da Mezquita, co resultado do seu traballo este luns.
As mulleres da Mezquita, co resultado do seu traballo este luns.

O centro de información á muller da Mancomunidade de Municipios de Conso - Frieiras vén de organizar un obradoiro de decoración de paraugas con motivo da celebración do Día Internacional da Muller este 8 de marzo de 2022.

Este luns arrincaban na Mezquita, no seu edificio multiusos. A actividade terá, neste municipio, continuidade nas seguintes datas:

  • 10 de marzo: 11:30 horas, no edificio multiusos da Mezquita
  • 15 de marzo: 11:30 horas, na Vilavella
  • 15 de marzo: 15:30 horas, na Esculqueira
  • 15 de marzo: 16:30 horas, en Chaguazoso.

 

​Na Gudiña, o obradoiro desenrolarase os días 8 e 11 de marzo, entre as 11:30 e as 13:00 horas, no baixo do edificio multiusos. 

Tamén no Riós está programada a mesma actividade, coas seguintes datas e horarios:

  • 8 de marzo: 16:00 horas, na Reitoral da Chaira
  • 8 de marzo: 18:30 horas, no baixo do edificio multiusos de Riós
  • 9 de marzo: 11:30 horas, no baixo do edificio multiusos de Riós
  • 10 de marzo: 16:00 horas, no local social de Castrelo de Cima
  • 10 de marzo: 18:30 horas, no local social de Progo.

 

A Mezquita, Riós e A Gudiña decorarán paraugas pola igualdade