domingo. 28.04.2024
Reunión da Xunta de Goberno da Deputación desta semana.
Reunión da Xunta de Goberno da Deputación desta semana.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou esta semana un amplo número de concesións para as entidades locais. Entre elas está a aprobación dunha subvención ao Concello da Mezquita, por valor de 20.000 euros, que se destinarán para equipamento e a posta en marcha do servizo de viveiro municipal da planta de castaña.

Esta non é o único acordo desta reunión do goberno provincial. O Concello de Oímbra recibirá unha axuda de 47.807 euros para executar as obras de mellora do EDAR municipal. En Monterrei, o Concello contará cunha subvención de 14.312 euros para realizar analíticas periódicas e a redacción de proxectos. Por último, o Concello de Laza disporá de 48.000 euros para executar unha obra de arranxo das vías municipais.

A Deuputación, na súa colaboración con outras entidades, aprobou nesta Xunta de Goberno un apoio económico para a Diócese de Ourense. Consistirá nunha axuda de 30.000 euros para a remodelación do presbiterio da igrexa parroquial de Verín.

A Mezquita porá en marcha un viveiro municipal da planta de castaña