
O Concello da Mezquita propón unha iniciativa que ten por obxectivo a reforestación dos montes do municipio con árbores autóctonas de Galicia. O proxecto amósase como participación social, baixo o nome de A(mp)adríñame.
Por iso, o próximo 13 de marzo o Concello acollerá a todos aqueles interesados en plantar a súa árbore, concretamente un castiñeiro, que será doado pola propia localidade para ocupar un lugar no monte comunal. Os usuarios deberán porlle nome á planta.
Ademais, os concursantes poderán optar a que a súa árbore sexa colocada nun lugar céntrico da vila, onde estará máis visible. Os interesados poden participar de maneira individual ou en familia, chamando ao 988 425 541, para anotarse.