Xoves. 28.03.2024
José "Cazador" e Rafael Pérez, "alimentado" á malladora. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
José "Cazador" e o rexedor, Rafael Pérez, na primeira das edicións da malla, o pasado ano. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O Concello da Mezquita vén de convocar a todos aqueles que queiran saber como se facía a malla en tempos á cita xa consolidada e anual que nesta edición será o venres 27 de agosto ás 10:30 horas na localidade de Chaguazoso. 

Todos aqueles veciños que desexen participar na actividade poderán acudir, respectando, como non, as medidas sanitarias impostas e serán recompensados cun xantar ao remate, como xa acontecera o pasado ano. 

Segundo asegurou o rexedor local, o nacionalista Rafael Pérez Vázquez, "queremos manter vivas as tradicións antigas para que non se perdan no esquecemento. Por iso que iremos, cada ano, levando esta festa da malla por todas as aldeas do concello". 

 

A Mezquita organiza o día da malla este venres, en Chaguazoso