
O Concello da Mezquita intensifica estes días os desbroces coa axuda dun tractor nas distintas pistas municipais para ter todo disposto para o verán, cando está a piques de comezar a tempada de máximo risco polos incendios forestais.
Desde o consistorio fan un chamamento, nun bando municipal, ós gandeiros que teñan fincas con peches para o gando nas marxes das pistas para que o “retiren” e así “facilitar os labores de desbroce e evitar danos nos peches”.
Os traballos iniciáronse fai dúas semanas “en todas as pistas municipais” para combater os lumes, grazas a subvención da Deputación de Ourense para a cesión dun tractor.
O rexedor da Mezquita, Rafael Pérez, pon en valor a importancia das tarefas de prevención na loita contra os incendios forestais. “Todos os anos incidimos niso”, reflexa.
Galicia inicia o xoves a tempada de alto risco que ten continuidade ata finais de setembro, e que supón a prohibición de facer queimas agrícolas e forestais en toda a comunidade.
O termo municipal da Mezquita é un dos que figuran cada verán no listado con parroquias de alta actividade incendiaria. Iste ano, a Xunta incluiu á Esculqueira. O rexedor asegura que moitos lumes proveñen de Portugal.