martes. 16.04.2024
Xardín das Mulleres Rurais na Mezquita. | FOTO: M. C.
Xardín das Mulleres Rurais na Mezquita. | FOTO: M. C.

O Concello da Mezquita conmemorou este domingo, 17 de outubro, o día das Mulleres Rurais, e fíxoo coa creación dun xardín adicado a todas as do seu municipio. Unha trintena de mulleres de todas as localidades do concello participaron na colocación das primeiras plantas no lugar onde anos atrás xa se levantaran dúas pallozas na honra a outra senlleira celebración, a da malla. 

Estaban convocadas ás catro da tarde e, logo de participaren na plantación, tamén o estaban á merenda, amenizada con música tradicional.

Xardín das Mulleres Rurais na Mezquita. | FOTO: M. C.
O Xardín das Mulleres Rurais está ubicado na entrada da localidade da Mezquita. | FOTO: M. C. 

Foi esta a xornada inaugural dunha conmemoración que se repetirá os vindeiros anos no resto de núcleos de poboación da Mezquita. Na organización, encabezada polo Concello, colaborou tamén a Asociación Os Tres Reinos.  


Antes de dar comezo a festa logo da plantación, unha coñecida muller, mestra na localidade dende 1973, Pilar Pérez Estévez, dirixiuse ás presentes reclamando para todas aquelas matriarcas que se pretenden honrar con ese xardín "o premio Nobel de Economía"
 

A Mezquita estrea o xardín na honra das mulleres rurais