sábado 16/10/21
Será o 5 de agosto, na praza do Concello

A "festa da artesanía" volve á Mezquita con trinta postos e actividades

Unha máquina de mallar, na anterior edición da feira de artesanía. | FOTO: Noelia Caseiro.
Unha máquina de mallar, na anterior edición da feira de artesanía. | FOTO: Noelia Caseiro.

O Concello da Mezquita prepárase para celebrar o vindeiro 5 de agosto a segunda edición da feira da artesanía, “Artesanato”, que está vinculada á malla e o pan de centeo, e que levará á localidade un amplo abano de actividades, nunha edición que terá un formato reducido pola situación sanitaria derivada da covid. 

Comestibles ecolóxicos, xoias artesáns, instrumentos de percusión, coiro, xabóns naturais, mel ecolóxico ou roupa son só unha parte dos produtos que se poderán ver ó longo da xornada que comezará ás once de mañá na praza do Concello e nas rúas adxacentes cumprindo todas as medidas de seguridade.  

O evento, que terá lugar o día 5 coincidindo coa festividade local, contará coa presenza duns trinta artesáns procedentes de varios puntos de Galicia, Castela e León e o país veciño, Portugal, que amosarán os seus produtos.

Dende as 11:00 horas, que terá lugar a inauguración, os postos convencionais poderán convivir cos de artesanía e, xa a partires das seis, o protagonismo será para o "artesanato" e o gremio. A programación arrancará ás 13:30 horas, con música en vivo na súa vertente máis tradicional coa actuación da banda de gaitas de Lubián. 

Xa pola, tarde, ás 18:00 horas terá lugar ‘Díxoo Thais e non se fale máis’ con A Run Run, que dará paso a presentación e proxeción do documental “Rico de guiz”. Continúa o progrma coa música de “Máis alto aínda, de Desastronauts” (20:00 horas) e Ce Orquestra (21:00 horas). Tamén a esa hora, Fran Guede ofrecerá unha sesión de contacontos.

Como colofón, haberá porco ó espeto e ás 23:00 horas clausurarase a feira, cunha foliada tradicional da Mezquita. 

Dende a organización sinalan que o evento celebrarase ó aire libre, garantizando así todas as medidas sanitarias, sempre que as restricións sanitarias o permitan, e tamén convidan ós participantes a acudir vestidos de época para "mimetizarse na festa". 

A "festa da artesanía" volve á Mezquita con trinta postos e actividades
comentarios