domingo. 19.07.2026
Repartiranse 750 euros en vales para mercar no comercio local

As mellores decoracións navideñas terán premio na Mezquita

202012 Concurso decoración nadal A Mezquita. Adornos feitos polos habitantes da Mezquita que decoran a Casa do Concello. | FOTO: Rafael Pérez.
Adornos feitos pola veciñanza da Mezquita que decoran a Casa do Concello. | FOTO: Rafael Pérez.

Xa está en marcha o tradicional concurso de decoración navideña na Mezquita. Pódese participar de xeito individual ou grupal, o importante e deixar as rúas e as casas o máis bonitiñas posible. O único requisito é que a decoración debe ser apta para exteriores. Á veciñanza da Mezquita gústalle ista iniciativa; en cada nova edición participan máis persoas e recréanse verdadeiros espazos navideños que decoran as rúas.

A iniciativa foi posta en marcha polo Concello hai uns anos; daquela, Rafael Pérez, o alcalde, afirmaba que o obxectivo era "motivar á xente e que participe toda a localidade, non uns poucos" no deseño de ambientes navideños que decoren a vila. Pero, ademais, trátase dunha medida para impulsar a economía local: "Queremos axudar ao comercio local mediante uns vales que só se poden gastar nos negocios da Mezquita", explicaba Rafael Pérez. 

Premios para as mellores decoracións

Ata o vindeiro 17 de decembro poderase participar no concurso inscribindo a decoración creada, xa sexa na modalidade individual ou grupal, na Casa do Concello. Haberá tres premios por categoría, dende un vale por 50 euros ata un de 200 euros, cada un co seu bono para mercar no comercio local. En total, repartiranse 750 euros en premios.

20241217 Concurso decoración nadal A Mezquita, data límite
Ata o vindeiro 17 de decembro poderase participar no concurso.

 

As mellores decoracións navideñas terán premio na Mezquita