viernes. 26.04.2024
O lume orixinouse na planta baixa a vivenda.
O lume orixinouse na planta baixa a vivenda.

Unha muller do Pereiro, no Concello da Mezquita, e o seu sobriño tiveron que ser onte pola noite atendidos no punto de atención continuada (PAC) da Gudiña por inhalación de fume, logo de que se producira un incendio na súa vivenda pasadas as 21:30 horas. 


Foros os veciños os que conseguiron controlar as lapas que se orixinaron, segundo confirmou a propietaria, nunha estufa eléctrica. A afectada ausentouse por un momento da cociña e cando volveu xa se tiña declarado o lume. Inmediatamente acudiu no seu auxilio un sobriño -quen tamén precisou asistencia médica- e máis veciños, que conseguiron controlar o lume sen maiores consecuencias que os danos materiais nesa dependencia e nas contiguas pola saída de fume

Até o lugar acudiron efectivos de Protección Civil do Concello da Mezquita, membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, sanitarios do 061 e unha patrulla da Garda Civil.

Intoxicados unha muller e o seu sobriño por inhalación de fume no incendio dunha cociña...