domingo. 19.07.2026
Participaron nun simulacro nocturno sen precedentes no túnel da Canda

A IMAXE DE... | A precisión e coordinación exemplar dos equipos de emerxencias da bisbarra

Simulacro 6
Bombeiros do parque de Verín e efectivos do GES de A Gudiña participaron durante a madrugada no simulacro dun accidente no túnel da Canda na A-52.

A escuridade da madrugada no túnel da Canda (A-52, sentido Ourense) foi o escenario dunha proba de lume para os servizos de emerxencias da provincia. O Consorcio Provincial contra Incendios da Deputación de Ourense realizou un simulacro de accidente de tráfico con múltiples vítimas que se estendeu durante máis de seis horas, dende as 21:00 horas do martes ata as 02:30 da mañá do mércores, poñendo a proba a capacidade de resposta e coordinación ante situacións críticas.

 

Simulacro 2
O simulacro de accidente de tráfico con múltiples vítimas no túnel de A Canda, na A-52, realizouse esta madrugada.

 

Bombeiros do parque comarcal de Verín e efectivos do GES da Gudiña foron os protagonistas desta complexa práctica, na que se avaliaron minuciosamente os tempos de detección e resposta, así como a eficacia das instalacións de seguridade do túnel. O xefe da Sección de Emerxencias da Deputación de Ourense, José Ramón Sánchez Feijóo, supervisou de preto esta operación, que tamén contou coa participación e coordinación de servizos de emerxencias de provincias limítrofes, subliñando a importancia da colaboración interprovincial.

 

Simulacro 5
Durante máis de seis horas, os profesionais ourensáns aplicaron os seus coñecementos a unha posible emerxencia.

Esta rigorosa avaliación permite aos profesionais de emerxencias contrastar os procedementos de actuación previstos no Plan de Autoprotección do túnel para garantir a seguridade viaria. O simulacro, que comezou coa reunión dos participantes no Centro de Coordinación de Estradas do Estado ZA-04 en Zamora antes de trasladarse ao túnel, demostrou a profesionalidade e preparación dos equipos ourensáns fronte aos retos máis esixentes.

A IMAXE DE... | A precisión e coordinación exemplar dos equipos de emerxencias da bisbarra