domingo. 19.07.2026
O lume iniciouse ás 19:46 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 30 hectáreas

Estabilizado o incendio forestal do Concello da Mezquita, na Parroquia de Chaguazoso

Incendio da Mezquita. | FOTO: BRIF Laza.
Incendio da Mezquita. | FOTO: BRIF Laza.

O incendio forestal do Concello da Mezquita, na parroquia de Chaguazoso, quedou estabilizado pouco antes das 9:00 horas de hoxe, mércores. O lume que se iniciou ás 19:46 horas do martes, afectou a unha superficie de 30 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 3 técnicos, 5 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

FOTO: BRIF Laza.
FOTO: BRIF Laza.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Estabilizado o incendio forestal do Concello da Mezquita, na Parroquia de Chaguazoso