jueves. 18.04.2024
Captura de pantalla 2021-02-24 150325
Curva de casos activos por Covid-19 na Mezquita. | FOTO: Paula Morales.

Tras a última actualización dos casos por Covid-19, o Concello da Mezquita aumenta en positivos. Pasa dos catro detectados o día anterior, a sete, o que supón unha subida de tres activos. O brote detectado procede do Servizo de Axuda no Fogar. O alcalde, Rafael Pérez Vázquez, confirmaba que ''unha traballadora deu positivo e hai dous usuarios contaxiados que pertencen á mesma familia. Pero non sabemos se foron estes os que transmitiron o virus á empregada ou ao revés. Polo momento, permanecen confinados e no día de hoxe farase un cribado a todo o persoal de Axuda no Fogar''. 

Unha traballadora deu positivo e hai dous usuarios contaxiados que pertencen á mesma familia. Pero non sabemos se foron estes os que transmitiron o virus á empregada ou ao revés. Polo momento, permanecen confinados e no día de hoxe farase un cribado a todo o persoal de Axuda no Fogar (Rafael Pérez Vázquez, alcalde da Mezquita)

Viana do Bolo tamén fai un cribado 

Pola súa parte, Viana do Bolo comunica que ás 108 persoas usuarias do programa e aos 30 auxiliares de Axuda no Fogar aos que se lles realizou as probas de PCR deron negativo no seu conxunto. Tamén informan de que no centro médico da localidade xa se comezou a vacinar á poboación maior de 80 anos. No caso de dificultade para trasladarse facilítase o teléfono 988 329 260, para contactar cos Servizos Sociais. 

Comarca de Monterrei

Nos concellos da comarca de Monterrei existe unha estabilidade de positivos, salvo Oímbra e Verín que presentan un descenso. Neste último municipio, o desplome a curva leva un ritmo bastante rápido, detectando unha baixada de oito casos activos en só 24 horas.

Detectado un caso por Covid-19 no Servizo de Axuda no Fogar da Mezquita