O día 8 de maio, sábado, podes saír a camiñar con outra xente coas mesmas inquedanzas ca ti e, o mesmo tempo, facer un servizo ó teu concello.
Porque o concello de A Mezquita organizou para esa data unha ecoandaina, na que se conxuran ambas actividades, nun percorrido fizado para a recollida do lixo no Camiño de Santiago ao seu paso pola localidade mezquitesa.
A iniciativa, nomeada como O Camiño no Tempo, pretende involucrar ós veciños no adecentamento do tramo entre A Portela da Canda e A Vilavella. Ao efecto de realizar a laboura prevista, o propio concello facilitará aos participantes luvas e sacos para o lixo.
Poderán apuntarse todos os veciños que queiran colaborar, chamando previamente ao teléfono do Concello 988 423 506, antes do cinco de maio.
Programación
Reparto de sacos de lixo e luvas
Saída dende a Portela ás dez da mañá
Percorrido e limpeza do tramo A Portela - A Vilavella
Petisco en A Vilavella, no Bar On