viernes. 26.04.2024
Preparativos desta mañá da feira de artesanía do "artesanato" no Concello da Mezquita. | VÍDEO: Lorena Rodríguez.

O Concello da Mezquita ultima os preparativos para celebrar a feira de artesanía "Artesanato", nunha segunda edición  que chega este xoves con máis forza, con máis postos de artesanía respecto o ano pasado e actividades para todos os públicos para o desfrute de toda a cidadanía.

Con todo prácticamente disposto, dende o consistorio sinalan que as expectativas son boas. "Esperemos que saia todo ben, que non chova e que lle guste a xente", comenta o rexedor Rafael Pérez, quen aspira a que o termo municipal volva convertirse "nun referente a nivel comarcal", na organización de feiras. 

Despois dunha exitosa primeira edición, celebrada o ano pasado na pandemia, o Concello repite experiencia, con 30 postos, de artesáns de toda Galicia e de Castela-León, polos 16 do ano pasado. Durante o percorrido, poderanse atopar queixos, postos promocionais de gandería ecolóxica, xoiería artesanal, xabóns, cerámica, instrumentos de percusión e roupa, na que non faltará a recén constituída asociación de empresarios. Nesta ocasión, só falla o pan artesán, que non estará xa que non deu tempo a facer a malla. 

Coincide co mercado tradicional do 5 de agosto aínda que o Concello non descarta no futuro que o “artesanato” teña vida propia. 

Esta mesma mañá xa podían verse todos os postos instalados na rúa adxacente ó Concello e tamén a malla, que chegou nun tractor, a falta únicamente da colocación do escenario onde se celebrarán boa parte das actividades. Para garantizar a seguridade, "cada posto, terá recollidas as normas, vai haber un dosificador de xel, cada expositor vai ter desinfectante”, comenta o rexedor.

Pola mañá, a programación arrincará as 11:00 horas co acto inaugural, que dará paso ás 13:30 horas, á actuación da banda de gaitas do concello veciño de Lubián

Pola tarde, é o turno de "Díxoo Thais e non se fale máis’" de A Run Run, e a proxeción do documental Rico de guiz. No apartado musical, destaca Máis alto aínda, de Desastronauts (20:00 horas) e Ce Orquestra (21:00 horas). Para os máis pequenos, non faltarán tampouco as actividades, neste caso, con contacontos, da man de Fran Guede. 

Ademáis, os asistentes poderán desfrutar dunha ración de porco ó espeto. Os tickets poderán mercarse nos bares, por un custe de cinco euros, e que inclúe ademáis do porco, a bebida. Como colofón, ás 23:00 horas a Foliada Tradicional da Mezquita porá o punto e final a xornada

Todo listo na Mezquita para a súa II feira "Artesanato"