jueves. 25.04.2024
Casa do Concello da Mezquita. | Foto: Iván Iglesias.
Casa do Concello da Mezquita. | Foto: Iván Iglesias.

O alcalde do Concello da Mezquita, Rafael Pérez Vázquez, anunciou que se convocan dúas prazas de "peón obras" e unha de "condutor de tractor con desbrozadora", que contarán coas seguintes características:

Contratación

É un contrato laboral temporal por servizo determinado, a tempo completo. A súa duración será de sete meses para as prazas de peón, e no caso do cargo de condutor dependerá do que dure o traballo a realizar. O sistema de contratación irá a Concurso de méritos para os postos de peón, e a Concurso-Oposición para o de condutor.

Requisitos a cumprir 

Entre outros, os interesados deberán presentar o informe de vida laboral, contratos de traballo e cursos de formación, xunto coa solicitude.

Solicitudes 

O prazo de presentación destas será de cinco días hábiles, a contar dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no B.O.P. As solicitudes presentaránse no Rexistro Xeral do Concello,  de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

Poderase obter máis información das bases específicas da convocatoria no Concello da Mezquita, en horario de oficina, no taboleiro de anuncios ou na páxina web do mesmo: www.amezquita.sedelectronica.gal.

O Concello da Mezquita convoca tres prazas de traballo