26 de diciembre de 2021, 12:14
Dende as 18:00 horas deste domingo 26 de decembro e ata as 00:00 horas do vindeiro martes 28, a zona da Montaña de Ourense, segundo a define a axencia galega de meteoroloxía, MeteoGalicia, ten aviso amarelo por fortes refachos de vento, que poderían superar os 80 km á hora.
Entre outros municipios, están en alerta os de Riós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.