Xoves. 28.03.2024
Asociación de empresarios da Mezquita. | FOTO : M. Ceballos.
Asociación de empresarios da Mezquita. | FOTO : M. Ceballos.

O Concello da Mezquita pon en marcha a súa asociación de empresarios, cuns trinta socios de todo tipo de sectores, como gandería, restauración, supermercados ou panadeiros co obxectivo de crear sinerxias e promover actividades conxuntas para dinamizar o texido empresarial e o turismo. 

De momento, no que será a súa posta de longo, estará presente na feira do Artesanato, que terá lugar este xoves, cun expositor, no que empresarios e autónomos poderán dar a coñecer o seu negocio e repartir publicidade. "A idea é o propio día da feira darnos coñecer", sinala Valeria Rodríguez, presidenta da asociación. 

ESta iniciativa xurdiu en decembro de 2020, despois de que o Concello organizara un sorteo coincidindo coas datas de Nadal para incentivar o comercio local, explica o alcalde, Rafael Pérez. Cuns trinta socios, a idea agora é que "o proxecto vaia adiante". De feito, está previsto convocar en próximas datas unha reunión para fixar unha cota anual e propor as primeiras ideas. 

Neste intre, a asociación xa está constituida e ten a xunta directiva, que está integrada por unha presidenta, un secretario e dos vogais. O obxectivo é comezar “a facer cousas” e estudar a posibilidade de acollerse a axudas, en diferentes cuestións como poden ser seguros e carburantes. De feito, xa iniciaron contactos con outras asociacións da provincia para coller ideas. 

A asociación de empresarios da Mezquita bota a andar no "Artesanato"